Quen somos, Museo do Xogo Popular

PROXECTO COMPETENCIAL (MUSEO DE XOGOS POPULARES)


O CEIP de Esteiro é un centro público que imparte ensinanzas de Educación Infantil e Primaria. Sito no barrio de Esteiro e cercano aos barrios de O Pilar-Recimil e Caranza, a carón dun dos máis importantes centros produtivos da nosa comarca, hoxe Navantia, antes Izar e moito antes Bazán e o Estaleiro. Aló polo ano 1984,  botou a andar este centro educativo que en continuo avance e renovación está plenamente involucrado coa cultura galega máis tradicional, tendo como referencia o Museo do Xogo Popular, que un pode visitar nas nosas instalación e que foi froito dun Programa Europeo e da colaboración dos integrantes de toda a comunidade educativa. No presente, o centro segue atento na conservación e espallamento da cultura galega en todos os seus ámbitos e, asemade  é potenciador do espírito europeísta, representado,  neste intre, polas estadías de formación por parte do noso profesorado en diferentes países europeos. Desa inquedanza pola modernidade, o europeísmo e o fornecemento da nosa cultura,  xorde a necesidade de achegar o noso labor alén das nosas pequenas fronteiras físicas, utilizando un medio tan globalizador como é a rede, renovando a nosa web e tentando adaptala ás novas necesidades e inquedazas da comunidade educativa do centro. Con todo este labor, soamente pretendemos poñer a nosa pequena pedra a prol da Educación a Cultura e o progreso de Galicia e por ende de todo este mundo tan globalizado onde nos atopamos.

 

O GRUPO DE TRABALLO EN FOTOS

 








 

 

Comentarios

Publicacións populares